Pasar al contenido principal

O Club de Estudantes Emprendedores da USC bota a andar con máis de cen socios

A presentación do Club contou coa asistencia de numerosos universitarios interesados na iniciativa, da que xa forman parte máis de cen estudantes
A presentación do Club contou coa asistencia de numerosos universitarios interesados na iniciativa, da que xa forman parte máis de cen estudantes

A Cátedra Bancaja de Novos Emprendedores da USC busca socios para crear o Club de Estudantes Emprendedores, una iniciativa que pretende ser un vehículo de atracción dos alumnos da institución docente compostelá cara á cultura do emprendemento dende o primeiro instante en que comezan os seus estudos.
O Club da USC, do que xa forman parte máis de cen ‘socios’, presentouse oficialmente este martes, 1 de decembro, na Aula B da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. No acto participaron o vicerreitor de Política Internacional da USC, Agustín Merino; a decana da Facultade de Económicas, Maite Cancelo; a directora da Cátedra Bancaja Mocidade Emprendedora da USC, Loreto Fernández; o presidente da Asociación de Novos Empresarios da Coruña, Daniel Ramos; e o responsable de Cátedras da Fundación Bancaja, José Lledó Gisbert.
Media hora máis tarde celebrouse unha actividade da Aula de Práctica Empresarial da Cátedra da USC na que Mª Eugenia Fernández, de Arquetipos Consultores, explicou a importancia da formación en competencias e habilidades profesionais como valor engadido ao currículo universitario e Víctor Gómez Romero, de Q-Coach, referiuse o Outdoor training como complemento á formación en habilidades directivas.
O acto rematou cunha conferencia do presidente de Blusens, José Ramón García, en calidade de padriño do Club de Estudantes Emprendedores da USC, titulada ‘O emprendedor, ¿nace ou faise? A experiencia Blusens’. Licenciado en 1996 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC cun expediente de sobresaliente comezou a súa carreira profesional como director xeral da firma LKS Consultores Galicia, en 1996, compañía na que permaneceu neste posto de responsabilidade ata a súa marcha en 2003.
Na actualidade, Blusens conta con empresas filiais repartidas por todo o mundo. Dende Emiratos Árabes a Estados Unidos, pasando por Canadá e China. José Ramón García González é o conselleiro delegado da firma Opera Wireless SL, empresa dedicada ao deseño de produtos orientados a redes sen fíos e da localización, con importantes proxectos postos en marcha en EEUU México, Europa, Oriente Medio e Asia. Así mesmo, preside o consello de administración das empresas Jard de Investimentos SL e Garcil de Investimentos SL.
Vantaxes do ClubOs estudantes da USC que formen parte do club obterán un carné acreditativo que lles outorga preferencia de inscrición, e gratuidade en moitos dos casos, nas actividades que organice a Cátedra. Ademais, entrarán na Bolsa de Traballo Emprendedores USC, que estará a disposición das empresas que o demanden para procesos de selección de persoal contratado ou en prácticas.
Os socios poderán tamén optar ao Premio ao Mellor CV Emprendedor que convocará a Cátedra da USC a finais de curso. Os interesados deberán cubrir un formulario de rexistro que atoparán no web da Cátedra (http://www.catedrabancaja.zobyhost.com/), co único requisito de estar matriculado oficialmente na USC no curso académico 2009-10.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.12.2009.