Pasar al contenido principal

Dous profesores da USC, novos membros do consello executivo da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións

Os profesores Pedro Faraldo Roca e Balbina Casas Mendez, do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC, foron elixidos vicepresidente e secretaria do consello executivo da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO). A elección tivo lugar no IX Congreso de Estatística celebrado recentemente en Ourense.
A SGAPEIO ten como obxectivo principal a promoción e divulgación dos métodos e aplicacións da estatística e da investigación de operacións no ámbito galego. Para esta entidade científica as destrezas estatísticas non poden ser ignoradas non xa na formación especializada que requiren algúns postos de traballo de carácter técnico, senón na bagaxe cultural mínima do cidadán medio como parte imprescindible do proceso de razonamento e como ferramenta básica para entender a realidade.
Con esta finalidade, a Sociedade organiza congresos ordinarios e reunións científicas, fomenta a relación entre as Universidades galegas e os sectores público e privado, estimula a investigación e , en xeral, pon a estatística e a Investigación de operacións ao servizo da ciencia e da sociedade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.12.2009.