Pasar al contenido principal

Expertos europeos reúnense esta semana na I Xornada de redes Complexas

Os profesores da USC Luis Miguel Varela Cabo, do Departamento de Física da Materia Condesada, e Carlos Ricoy, de Fundamentos da Análise Económica, organizan esta semana, os días 10 e 11 de decembro, a primeira xornada de Redes Complexas.
O encontro, unha actividade do Máster Universitario en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica, inaugurarase este xoves 10 ás 11:30 horas na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados cunha conferencia do profesor Varela Cabo sobre a emerxencia das redes complexas.
Expertos da USC, da Universidade italiana degli Studi di Napoli Federico II, do CSIC, do Imperial College de Londres e do CHUS analizarán na xornada cuestións como os modelos de xeografía económica, as redes existentes no mercado farmacéutico, epidemias e epidemioloxías ou as redes de historiais sexuais e endémicas de enfermidades de transmisión sexual.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.12.2009.