Pasar al contenido principal

A profesora da Columbia University Nina Berova imparte un seminario en Química

A profesora do Departamento de Química da Columbia University Nina Berova impartirá a vindeira semana un seminario na USC convidada polo Departamento de Química Orgánica dentro da súa programación de actividades docentes para este curso.
A doutora Berova, que tamén é editora da revista Journal Chirality, fará xirar a súa intervención arredor do tema ‘Probing molecular and supramolecular chirality by Electronic circular dichroism’. Esta sesión celebrarase a partir das 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.12.2009.