Pasar al contenido principal

O Cetur da USC organiza o III Curso de formación para informadores de oficinas de turismo e guías

A sala de debates do Centro de Estudos Avanzados de Santiago acollerá en decembro o III Curso de formación para informadores de oficinas de turismo e guías que organiza o centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC. O curso dará comezo este luns, 1 de decembro, e continuará os días 2, 9, 10, 15 e 16 do mesmo mes en horario de tarde.
Logo do acto inaugural o luns, ás 16:15 horas, será a xestión do patrimonio urbano a cuestión monográfica a tratar en diversos relatorios polo profesor de Historia da Arte da USC Juan Monterroso. O martes 2 dedicarase enteiramente a visitar a Cidade da Cultura e o Museo das Peregrinacións.
Na terceira sesión das xornadas os matriculados asistirán a técnicas de vocalización impartidas pola profesora de técnica vocal da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia Nuria Montero, nunha actividade que se repetirá o martes 16. Ao día seguinte os relatorios versarán sobre as técnicas para a interpretación e presentación do Patrimonio Natural, a cargo do director do CEIDA, Carlos Vales, e do profesor da USC Federico López Silvestre.
Xa o luns 15 o profesor dos Estudos de Economía e Empresa do Programa de Turismo da Universidade Oberta de Catalunya, Oriol Miralbell, falará da xestión de Oficinas de Turismo e da contratación de guías turísticos en internet.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.11.2008.