Pasar al contenido principal

A Área de Autoemprego do Campus de Lugo celebra un seminario sobre cultura emprendedora o mércores

Será pola tarde na Facultade de Administración e Dirección de Empresas

A Área de Autoemprego do Campus de Lugo celebra este mércores 2 de abril un seminario de Difusión da Cultura Emprendedora na Facultade de Dirección e Administración de Empresas dirixido a comunidade universitaria, pero aberto tamén a todo o público en xeral.
O obxectivo do curso é difundir como se xeran as ideas empresariais e romper os mitos sobre a figura do emprendedor, amosando a través de experiencias persoais de emprendedores galegos que calquera persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial.
O curso estrutúrase en tres partes centrada a primeira sobre a figura do emprendedor, en especial sobre as aptitudes, as habilidades, os coñecementos e as actitudes que son necesarias. A idea do negocio e a súa viabilidade centran a segunda parte, para rematar co terceiro punto, a propia posta en marcha do negocio.
Ao longo do seminario exporanse casos reais de emprendedores que desenvolveron un proxecto empresarial en Galicia incidindo no historial do emprendedor, os recursos dos que dispoñía, a orixe da súa idea, as dificultades que tivo e as ameazas no seu sector ou mercado.
O seminario dará comezo ás 16:00 horas e estará a cargo de persoal de BIC-Galicia. Non é necesaria a inscrición previa e o seu acceso e participación é libre.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.03.2008.