Pasar al contenido principal

Comeza este luns o curso básico de historia da cultura e cata do viño

Achegarse á historia da cultura e cata do viño tanto en Galicia coma no conxunto español é o propósito do curso de formación continua que, na súa modalidade básica, se desenvolverá entre os días 3 e 31 de marzo. No mes de abril terá lugar o curso de perfeccionamento.
O profesor da USC especialista en historia do viño e a alimentación Xavier Castro e Cristina Alcalá, autora do libro El mundo del vino contado con sencillez, serán os responsables da docencia, que se impartirá no Hotel Virxe da Cerca os luns e mércores de 20:00 a 22:30 horas.
No curso, e referido á cultura do viño, explicarase o valor tradicional deste como produto de primeira necesidade, pero tamén como símbolo identitario, o seu erotismo, a historia do gusto, os factores socioculturais na base da preferencia polo branco ou tinto, a polisemia, a simboloxía ou a súa relación coa muller serán outros dos temas a tratar neste módulo inicial.
Xa no módulo de cata os asistentes diferenciarán cepas e coñecerán as distintas Denominacións de Orixe galegas así como as variedades autóctonas e foráneas. Ademais, catarán un importante elenco de caldos galegos de calidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.02.2008.