Un traballo do grupo Valle-Inclán da USC gaña a quinta edición do Premio de Investigación que a Deputación de Pontevedra e a o Concello de Vilanova convocan en honra do escritor
‘Todo Valle-Inclán en Roma’, do Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC, foi o traballo gañador do Premio de Investigación que a Deputación de Pontevedra e a o Concello de Vilanova convocan en honra do escritor. O galardón inclúe un premio en metálico de 18.000 euros e a publicación do texto. Integran o equipo Margarita Santos, Sandra Domínguez, Rosario Mascato, Catalina Míguez, Carmen Elena Vílchez, Cristina Villarmea e Franca Martínez, coa colaboración de Ángeles Gómez Abalo.
Con esta iniciativa os organizadores pretenden premiar as ideas innovadoras, orixinais e novidosas no trato da temática, destacando a altísima calidade de todos os traballos presentados a esta edición. O xurado cualificador conformárono o presidente da Comisión de Cultura da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán; Xosé Mª García Palmeiro, en representación do Concello da Cultura Galega; o vicepresidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta De Haz; Carlos Arias Iglesias, representante da Consellería de Cultura e Deporte; Antonio Ponte Far, da Fundación Valle-Inclán; e o xornalista Benito Leiro Conde.
Historia do premioO premio Valle-Inclán foi constituído no ano 2004 co obxecto de difundir e promover a vida e obra do autor de «Luces de Bohemia» e para afondar, a través de estudos rigorosos e de prestixio académico, en distintos aspectos da súa biografía e traballo literario.
O Gañador da primeira edición foi o profesor da Universidade de Miño, Xaquín Núñez Sabarís co traballo «Valle Inclán en el fin de siglo. Estudio crítico de Femeninas». No 2005 o galardón recaeu en Euloxio R. Ruibal polo estudo «Valle Inclán e o teatro galego».
No 2006 gañaron ex aequo o profesor da USC Anxo Abuín co estudo «La palabra en los ojos o el alfabeto en movimiento: una aproximación a la dramaturgia de Valle Inclán desde la estética del silencio» e a especialista no teatro valleinclaniano, a investigadora francesa Elianne Lavaud-Fage con «Valle Inclán, ¿un sistema literario?». A entrega do premio realizarase no mes de novembro, nunha data que se determinará proximamente.