Pasar al contenido principal

O Estatuto Fiscal dos Traballadores Autónomos, cuestión a analizar nun curso de verán

Un curso de verán da USC abordará o Estatuto Fiscal dos Traballadores Autónomos na Facultade de Dereito. As sesións académicas, que suman un total de 30 horas lectivas, desenvolveranse do 15 ao 18 de xullo e dirixiraas César García Novoa. Contan co cofinanciamento da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos.
Con este curso quérese contribuír ao debate entre os distintos axentes implicados no novo panorama para os traballadores autónomos coa elaboración do Estatuto. Haberá exposicións monográficas sobre os aspectos xurídicos máis influentes da regulación e ofrecerase unha dobre perspectiva en canto á organización destes traballadores. Xunto con esta visión máis universitaria, tamén se examinará a normativa segundo as organizacións sindicais e políticas.
En xeral, nas xornadas tratarase a incidencia da forma social na fiscalidade, o réxime de estimación obxectiva no IRPF, os beneficios fiscais aplicables aos traballadores autónomos, as súas obrigas tributarias formais ou a situación en Portugal, entre outras cuestións.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.06.2008.