Pasar al contenido principal

Aberto o prazo de inscrición nos cursos de natación e tenis para setembro

A Área de Deportes, dependente da Vicerreitoría de Cultura, organiza para o mes de setembro cursos intensivos de natación e tenis. O prazo de matrícula nas actividades xa está aberto.
Os grupos e horarios estableceranse segundo a idade dos alumnos e a súa dispoñibilidade. As clases darán comezo o luns, día 8, e finalizarán o venres 26 no caso das sesións de tenis e o martes 30 para as de natación. Os bañistas deberán levar chanclas, gorro e toalla.
Todas as persoas interesadas poderán solicitar máis información nas oficinas situadas no primeiro andar da piscina universitaria, no correo electrónico deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es), e nas extensións telefónicas 15070, 15071, 15072, 15073 e 15076.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.07.2008.