Pasar al contenido principal

O Máster en Arte, Museoloxía e Críticas Contemporáneas clausurouse no Paraninfo

O Paraninfo da Universidade acolleu o acto de clausura do Máster
O Paraninfo da Universidade acolleu o acto de clausura do Máster

O Máster en Arte, Museoloxía e Críticas Contemporáneas da Universidade de Santiago clausurouse este venres no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia).
Ao acto asistiron o vicedecano do centro, Miguel Taín; o director do Departamento de Historia da Arte, Juan Monterroso; os directores do Máster, María Luísa Sobrino e Federico López-Silvestre; o responsable do Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua da USC, José Luís Falguera; e Javier Blanco representando a FEIMA, un dos patrocinadores.
O Máster en Arte, Museoloxía e Críticas Contemporáneas tivo como obxectivo facilitar aos alumnos unha maior cualificación para optar aos postos de traballo relacionados cos museos, galerías ou institucións dedicadas á arte contemporánea. Ademais, pretendeu preparar aos futuros críticos de arte e mellorar o nivel sobre este eido tanto na prensa xeral como na especializada.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.07.2008.