Pasar al contenido principal

O filme de Vittorio de Sica 'Umberto D' proxéctase este venres na Facultade de Filosofía

Forma parte das actividades arredor da exposición sobre as mobilizacións estudantís do 68 en Compostela

Como actividade paralela á exposición ‘Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos Nós. As mobilizacións estudantís do 68 en Compostela’ que desde hoxe se pode visitar en Fonseca, a Fundación 10 de Marzo inaugura este venres 29 un cineclub co filme ‘Umberto D’, de Vittorio de Sica.
A proxección, que presentará Ezequiel Méndez, terá lugar ás 19:30 horas no salón de actos da Facultade de Filosofía.
‘Umberto D’, filme de 1952 protagonizado por Carlo Battisti, conta a dura historia dun empregado de ministerio xubilado, que vive nunha habitación de aluguer co seu can Flik como único amigo e a dignidade como mellor compañeira.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.02.2008.