O profesor Makoto Fujita, da Universidade de Tokio, ofrece unha conferencia na Facultade de Química
O profesor do Departamento de Química Aplicada da Universidade de Tokío, Makoto Fujita, participa este mércores 5 no ciclo de cursos, seminarios e conferencias do Departamento de Química Orgánica da USC.
O profesor Fujita pronunciará a conferencia ‘Metal-directed Self-assembly: Function through Architecture’ nun acto que dará comezo ás 17:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química.