Pasar al contenido principal

A Deputación Provincial de Lugo e a USC inauguran unha exposición sobre xoguetes, que tamén visitará o Campus

O vicerreitor de Cultura, Elías Torres, participará este xoves día 6 na inauguración da exposición ‘Os xoguetes esquecidos’, organizada pola Área de Cultura e Deportes da Deputación Provincial en colaboración co Museo Provincial e a Universidade de Santiago.
O acto de inauguración terá lugar ás 20:00 horas na Sala de Exposicións da Deputación situada na rúa San Marcos. Esta mostra, unha vez rematado o período de exposición no pazo, poderá visitarse en distintas instalacións do Campus de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.03.2008.