Pasar al contenido principal

A USC adapta os horarios das súas mostras na Igrexa da Universidade e no Colexio de Fonseca ao período vacacional de Semana Santa

A Vicerreitoría de Cultura da USC adaptará os horarios das exposicións abertas actualmente ao público, tanto na Igrexa da Universidade como no Colexio de Fonseca, ao período vacacional da Semana Santa, entre o mércores 19 e o domingo 23.
Deste xeito, o horario de apertura ao público entre o mércores 19 e o venres 21 será de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas, o mesmo que o sábado 22, que mantén o seu horario habitual, e o domingo de 11:00 a 14:00 horas.
Actualmente na Igrexa da Universidade pódese visitar a mostra ‘Dos ábacos aos computadores’, que presenta diacronicamente o proceso do cálculo na sociedade ata a chegada da informática e facer fincapé na instrumentación actual para intentar amosar como pode ser o futuro.
Pola súa banda, no Colexio de Fonseca permanece aberta un proposta expositiva que recrea as mobilizacións estudantís na Compostela de 1968. Na exposición ‘Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos Nós. As mobilizacións estudiantís do 68 en Compostela’, partindo da explicación do que eran en 1968 a cidade de Santiago e a USC, chégase na montaxe a unha pormenorizada explicación dos sucesos estudantís do curso 67-68 na universidade galega, xurdidos dun intenso activismo que cuestionaba ás autoridades académicas e, por extensión, á ditadura franquista.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.03.2008.