Pasar al contenido principal

Germán Díaz clausura cun concerto a exposición 'Dos ábacos aos computadores'

Un espectáculo en torno á manivela. Germán Díaz botará man dunha zanfona, unha caixa de música e un órgano de barbaria para clausurar o vindeiro mércores, día 26, a exposición ‘Dos ábacos aos computadores’, unha produción da Vicerreitoría de Cultura da USC co patrocinio de Caixanova.
O concerto, presentado baixo o título ‘n, (ou sexa Pi)’, terá lugar ás 20:30 horas na Igrexa da Universidade e nel interpretará música creada para eses tres instrumentos, dende as tradicionais ao jazz.
As particularidades físicas da manivela é o que buscou Germán Díaz nos tres instrumentos que empregará. A zanfona do século X e outros dous mecánicos como a caixa de música do XVIII e o órgano de barbaria, fabricado este último cara 1880 por Thibouville. Todos eles unidos por un enxeño electrónico do século XX, unha pedaleira que grava as melodías en directo e despois as lanza para improvisar sobre a rixidez das cancións programadas nos cartóns que len os instrumentos mecánicos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.03.2008.