Pasar al contenido principal

A USC e a Universidade de Magallanes asinarán un convenio de colaboración para o intercambio de persoal docente e investigador

A USC e a Universidade de Magallanes intercambiarán persoal docente e investigador en virtude do convenio de colaboración que este martes 12 van asinar os reitores da USC, Senén Barro, e da institución chilena Víctor Fajardo Morales. A sinatura celebrarase no despacho do reitor compostelán no Colexio de San Xerome a partir das 16:30 horas.
Xunto co persoal docente e investigador, ambas as dúas universidades desenvolverán o intercambio de estudantes principalmente de Terceiro Ciclo coa convición de que tales intercambios contribuirán á amizade e comprensión internacionais e ao coñecemento global de ambas institucións participantes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.02.2008.