Pasar al contenido principal

O vicerreitor Lourenzo Fernández, asesor do Observatorio da Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento

O vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández Prieto, asistiu na Universidade Politécnica de Madrid á constitución do consello asesor do Observatorio da Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (CUD), do que forma parte. Na xuntanza tamén se aprobou un plano de traballo anual para a posta en marcha do organismo e creáronse varios grupos de traballo.
O Observatorio CUD será responsable de facer un seguimento da cooperación universitaria para o desenvolvemento acudindo á guía das boas prácticas adoptada en 2005 polo Comité Español Universitario de Relacións Internacionais (CEURI).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.02.2008.