Nova ruta de sendeirismo da USC pola zona de Belesar
A Área de Deportes da Universidade de Santiago organiza para este sábado, día 23, unha nova ruta de sendeirismo pola zona de Belesar, situada no concello lugués de Chantada.
O percorrido, con dificultade e nivel medio, ten unha lonxitude de 18 quilómetros. Os interesados en participar poden inscribirse ata este mércores 20 nas Oficinas da Área de Deportes, no correo electrónico deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es) ou nas extensións 15070, 15071, 15072, 15073 e 15706.