Pasar al contenido principal

O reitor da USC, o presidente da CEG e o director xeral de Ordenación e Calidade do SUG analizan nunha mesa redonda os desafíos do ensino superior

‘Universidade, ¿para que?’ é o título da mesa redonda que a vindeira semana se vai celebrar na sede da Fundación Caixa Galicia organizada polo foro universitario Galicia Milenio para analizar os desafíos do ensino superior na sociedade actual.
A sesión dará comezo ás 20:00 horas e nela está prevista a participación do reitor compostelán Senén Barro; o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla; e o director xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, José Ramón Leis Fidalgo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.02.2008.