Pasar al contenido principal

A USC e Johnson and Johnson crean unha Cátedra de Saúde Oral

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, e o director OTC de Johnson and Johnson, Josep Infesta, asinarán este martes, día 26, o convenio polo que se crea na USC a Cátedra Johnson and Johnson de promoción da saúde oral. O acto terá lugar ás 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
A Cátedra, que dirixirá o profesor Pedro Diz Dios, nace non só co obxectivo de fomentar a docencia e a investigación senón tamén con carácter asistencial, para tentar responder demandas sociais específicas como pacientes con discapacidades e medicamente comprometidos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2008.