A Escola Técnica Superior de Enxeñaría celebrou o día do centro
A Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC celebrou este xoves a festividade do seu patrón, Natalicio de Leonardo da Vinci, cun acto académico no que o profesor Arce pronunciou a conferencia ‘Estratexias enxeñarís na batalla de Trafalgar’.
Na mesma sesión entregáronse os premios aos mellores expedientes e proxectos fin de carreira dos alumnos de Enxeñaría Química, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e do máster en Enxeñaría Ambiental. Ademais, e por segundo ano, outorgáronse os premios "Leonardo á Docencia" para os profesores mellor valorados nas enquisas de avaliación docente do pasado curso académico.
O secretario da Escola, Ramón Moreira, realizou un repaso dos principais feitos relativos á vida da Escola durante o curso 2006-07. Finalmente, o director do centro Juan M. Lema analizou a situación actual e presentou unha prospectiva sobre o futuro da Escola a curto e medio prazo.