Pasar al contenido principal

A Universidade de Santiago investirá doutor honoris causa a Jaime Gil Aluja

Considerado o pai da nova teoría da incerteza polo desenvolvemento das lóxicas multivalentes no ámbito económico e de xestión

O reitor Senén Barro Ameneiro presidirá este mércores, día 23, o acto de investidura de Jaime Gil Aluja como doutor honoris causa pola Universidade de Santiago. O acto académico celebrarase ás 12:30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Considerado o pai da nova teoría da incerteza polo desenvolvemento das lóxicas multivalentes no ámbito económico e de xestión, Jaime Gil Aluja é autor de máis de 200 traballos científicos publicados en diversas revistas e ao redor de 30 libros pioneiros no ámbito do tratamento da incerteza dentro do campo da xestión.
Na súa investidura como honoris causa da institución académica compostelá acompañarao en calidade de padriño o catedrático de Economía Financeira e Contabilidade da USC, José Antonio Redondo López.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.04.2008.