Os profesionais da comunicación renden homenaxe ao humorista gráfico Siro
Profesionais da comunicación e compañeiros de traballo renden homenaxe ao debuxante galego Siro pola súa longa traxectoria como humorista gráfico. O acto, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Universidade de Santiago, celebrarase no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación este xoves, día 24, a partir das 12:00 horas.
O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Vega Gómez, abrirá o encontro ao que tamén asistirá a cantante Manuela para interpretar algúns temas musicais.
Siro López LorenzoSiro López Lorenzo publica en 1970 os primeiros debuxos. A partir dese ano, colaborou nos xornais Ferrol Diario e El Ideal Gallego. Máis tarde, creou con Carlos Casares unha publicación sobre política internacional en galego. Logo, empezou a traballar en El Norte de Galicia e, dende 1985, pertence á redacción de La Voz de Galicia. Ademais, debuxou para revistas como Teima, Encrucillada, Grial, Almas del nueve largo, Diario 16 e Diario de León.
Realizou numerosos albumes, ilustrou varios libros, escribiu ensaios e tamén obras didácticas. Por outra banda, atreveuse coa narrativa e o teatro. Foi galardoado con diversos premios e traballou como locutor e guionista de diferentes programas radiofónicos e televisivos.