Pasar al contenido principal

O Padroado da Fundación USC Deportiva celebrou este mércores a súa primeira xuntanza

O Padroado da Fundación USC Deportiva celebrou a súa primeira reunión no Colexio de San Xerome
O Padroado da Fundación USC Deportiva celebrou a súa primeira reunión no Colexio de San Xerome

O Padroado da Fundación USC Deportiva celebrou este mércores 23 no Colexio de San Xerome a súa primeira xuntanza nunha sesión que contou coa presenza de Senén Barro en calidade de presidente, Elias J. Torres como vicepresidente, Esther Martínez Piñeiro, secretaria, e Enrique Sande Meijide, en representación do Consello Social.
Nesta xuntanza constituínte acordouse ademais iniciar un proceso selectivo para a cobertura dunha praza de xerente da Fundación.
A FundaciónA USC elaborou un documento, presentado o pasado ano ao Consello de Goberno, no que se recolle a súa orientación deportiva, que será “integral, saudable, diversa e para todos, respectuosa co medio ambiente e coa nosa cultura e incidindo en políticas de igualdade para as persoas e colectivos de menor práctica deportiva”. Este novo modelo deportivo desenvolverase tendo en conta a versatilidade do cadro de persoal, a orientación dos servizos deportivos da USC, a estruturación e pulo das escolas deportivas, clubs e o deporte federado.
Para reforzar o cumprimento deste proxecto deportivo, a institución docente compostelá promove esta Fundación USC Deportiva que ten por finalidade principal a promoción, incentivo e desenvolvemento da actividade física-deportiva universitaria, preferentemente na Comunidade Autónoma galega.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.01.2008.