Pasar al contenido principal

A USC celebra o luns en Humanidades o acto académico da festividade de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade

A lección maxistral estará a cargo do profesor Tomás Jiménez Juliá e entregarase a Insignia de Ouro ao presidente de Aresa

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, presidirá este luns, día 28, o acto académico de celebración da festividade de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade. Este desenvolverase a partir das 12:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Humanidades en presenza das distintas autoridades locais e provinciais lucenses.
Durante o acto, o profesor Tomás Jiménez Juliá ofrecerá a lección maxistral “A sintaxe como disciplina humana”. Así mesmo, farase entrega da Insignia de Ouro da USC ao presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, empresa organizadora conxuntamente coa Universidade compostelá do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.
O acto, que contará con varias intervencións a cargo do coro universitario, rematará co discurso que pronunciará o reitor compostelán.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.01.2008.