O profesor Domingo Neira García presenta o seu libro 'Poesía con sentido (primeiras poesías)'
O profesor da Universidade de Santiago Domingo Neira García presentará este xoves, día 3, o seu libro Poesía con sentido (primeiras poesías) publicado en Tórculo Edicións.
O acto, que se celebrará ás 12:45 horas na Fundación Torrente Ballester, contará coa participación do propio autor e de José Manuel Beiras, Xosé María García Palmeiro e Marcelino Agís.