O reitor da USC recibirá en San Xerome ao presidente do Instituto de Estudos Torre de Hércules
No encontro solicitarase o apoio institucional da USC á proposta para que a Torre de Hércules sexa declarada Patrimonio Mundial da Humanidade
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, recibirá este xoves 10 ao presidente do Instituto de Estudos Torre de Hércules, Segundo Pardo-Ciórraga de Santos.
Na xuntanza, que dará comezo ás 11:00 horas no despacho do reitor no Colexio de San Xerome, Segundo Pardo-Ciórraga solicitará o apoio institucional da USC para que a Torre de Hércules pase a ingresar na relación de Bens do Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO.