Pasar al contenido principal

Remata o programa docente do primeiro curso básico de Creación Literaria organizado pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

O curso foi galardoado co I Premio Alumni

O primeiro Curso Básico de Iniciación á Creación Literaria, cunha duración de tres meses, acaba de rematar a súa programación docente logo de achegar aos asistentes as técnicas de creación literaria tanto a nivel teórico como práctico. Incluída na programación de cursos de formación continua da USC, trátase dunha iniciativa organizado pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC que, segundo os seus promotores, acadou “un rotundo éxito de participación”.
Coordinado polos profesores José M. Rodríguez Rial e Alicia López Gallego e realizado na Facultade de Filosofía da USC, o curso fomentou o traballo en grupo mediante a potenciación das capacidades expresivas e comunicativas por medio da linguaxe literaria. Ao remate do mesmo, todos os inscritos realizaron un pequeno relato curto como mostra dos coñecementos adquiridos.
Premio AlumniAdemais do éxito de participación, o curso acadou o recoñecemento da Federación de Asociacións de Antigos Alumnos e Amigos das Universidades Españolas e o Banco Santander que lle outorgaron o I Premio Alumni. O galardón pretende salientar o valor do curso como ferramenta para potenciar e promover o traballo colectivo, e ao mesmo tempo, como medio para recuperar o gusto pola lectura e escritura

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.05.2008.