Pasar al contenido principal

A Vicerreitoría de Cultura da USC celebra este xoves a II Festa do Deporte e da Cultura

A Vicerreitoría de Cultura da USC celebra este xoves 17 ás 18:30 horas no Salón Nobre do Colexio a segunda edición da Festa do Deporte e da Cultura. A directora xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Souto, abrirá o acto que preside o vicerreitor de Cultura, Elias J. Torres, e no que tamén participan os directores das Áreas de Deportes e de Cultura da USC, Mariano García-Verdugo e Pedro Sampedro Magán, respectivamente.
No transcurso desta xuntanza outorgarase unha distinción a todas as persoas que representaron á USC, tanto no eido dos deportes como no da cultura. Ademais, tamén se distinguirán aos organizadores de actividades durante o curso 2006-2007.
Como peche da xornada, o vicerreitor de Cultura pronunciará un discurso no que mencionará as liñas xerais da política cultural e deportiva que a Universidade de Santiago levará a cabo de cara ao futuro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.01.2008.