Pasar al contenido principal

Presentación das principais características da convocatoria de bolsas Sócrates-Erasmus para o vindeiro curso académico 2008-2009

O vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández Prieto, presentará este martes 22 as principais características da convocatoria de bolsas Sócrates-Erasmus para o vindeiro curso académico 2008-2009. Na presentación, que se vai celebrar a partir das 11:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, o vicerreitor estará acompañado polo coordinador de Relacións Institucionais, Francisco Javier Sanjiao Otero, e polo xefe da Oficina de Relacións Exteriores, Enrique López Veloso.
No transcurso desta presentación, Lourenzo Fernández ofrecerá información sobre as prazas ofertadas ao abeiro desta convocatoria, así como sobre as condicións de participación e as novas bolsas ofertadas. A USC convoca para o vindeiro curso académico un total de 1.594 bolsas de mobilidade coa finalidade de ofrecer ao alumnado a posibilidade de realizar en diversas universidades europeas estudos conducentes á obtención dun título oficial que será recoñecido pola USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.01.2008.