Pasar al contenido principal

Investigadores en Filosofía de toda España reúnense na USC para debater sobre as súas achegas

Investigadores en Filosofía de varias universidades españolas reúnense a partir deste mércores 23 ás 11:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filosofía da USC para debater sobre os resultados das súas achegas e intercambiar información.
Organizada polo Departamento de Lóxica e Filosofía Moral xunto co Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social, esta segunda edición da Xuntanza de Novos Investigadores celebrarase ata o vindeiro xoves, día 24.
No evento trataranse cuestións de Filosofía Moral e Política, Historia da Filosofía, Filosofía da Ciencia e da Linguaxe e Antropoloxía. As propostas de debate exporanse en vinte minutos e discutiranse durante dez minutos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.01.2008.