Pasar al contenido principal

A USC e a Universidade de Porto estudan novas vías de colaboración no ámbito das Ciencias da Saúde

O vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández Prieto, encabezou unha comitiva da USC que asistiu na Universidade de Porto a unha xuntanza na que se analizaron novas vías de colaboración entre ambas as dúas universidades no ámbito das Ciencias da Saúde.
Entre as conclusións alcanzadas na xuntanza, acordouse a creación de grupos de traballo sobre cooperación na definición de novos títulos no marco de Bolonia, favorecer o intercambio de profesores e estudantes entre ambas as dúas institucións e propiciar novos contratos Erasmus.
A comitiva que viaxou dende Compostela conformábana o equipo decanal da Facultade de Medicina, os responsables dos departamentos de Cirurxía, Pediatría, Ciencias Morfolóxicas, e Estomatoloxía e o vicedecano da Facultade de Veterinaria, German Santamarina.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.01.2008.