Pasar al contenido principal

Concerto de O Leo i Arremecághona na residencia universitaria Monte da Condesa

O Leo i Arremecághona actúa este martes 22 na residencia Monte da Condesa
O Leo i Arremecághona actúa este martes 22 na residencia Monte da Condesa

O músico e showman O Leo i Arremecághona actuará este martes, día 22, ás 22:00 horas, na Sala da Columna da Residencia Universitaria Monte da Condesa.
Músico polifacético, entre as súas influencias musicais destacan Os Resentidos, Sex Pistols ou The Rolling Stones e cantores como Suso Vaamonde, Lou Reed ou Bob Dylan.
A actuación, de entrada libre, inclúese nas Noites musicais da Condesa, organizadas pola Bolsa de Música da Residencia e que contan coa colaboración e financiamento da Vicerreitoría de Cultura da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.01.2008.