A embaixadora de Serbia en España clausura este martes na USC o Seminario de Estudos de Seguridade e Defensa
A actual embaixadora de Serbia en España, Jela Bacovic, clausurará este martes, 13 de maio, ás 20:00 horas no salón de actos da Facultade de Dereito, o Seminario de Estudos de Seguridade e Defensa USC-CESEDEN.
Antes de chegar hai tan só cinco meses a Madrid, Jela Bacovic encabezara a delegación serbia que negociou en Bruxelas a incorporación do país á Unión Europea. Desta cuestión falará este martes na súa intervención, ao igual que tratará a postura serbia sobre a independencia de Kosovo.