Pasar al contenido principal

A terceira promoción de enxeñeiros técnicos en Informática de Sistemas celebra o acto de fin de carreira

A terceira promoción de enxeñeiros técnicos en Informática de Sistemas celebra este venres, 16 de maio, o seu acto de fin de carreira co profesor Antonio Mosquera como padriño.
O reitor da USC, Senén Barro, será quen inaugure a cerimonia, ás 18:00 horas no salón de actos da Escola. Asisten tamén o director da ETSE, Juan Lema; o director do Departamento de Electrónica e Computación; Javier Díaz; a presidenta do Colexio Profesional de Enxeñeiros Técnicos en Informática de Galicia, Leticia Diz; e o Presidente de Vindeira, Plataforma tecnolóxica das TIC, Antonio Rodríguez del Corral.
En representación dos alumnos falarán Alicia García Romero e Andrés lamosa Barros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.05.2008.