Pasar al contenido principal

Un congreso de Enxeñaría gráfica en Lugo será en xuño o foro de encontro para profesionais na Escola Politécnica Superior

O XXI Congreso de Enxeñería Gráfica Ingegraf foi presentado esta mañá na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
O XXI Congreso de Enxeñería Gráfica Ingegraf foi presentado esta mañá na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo
Abarcarán numerosas liñas de traballo, tendo en conta as novas tecnoloxías como canle comunicativa

O Congreso Internacional Conxunto de Enxeñaría Gráfica de INGEGRAF e de ADM que reunirá en Lugo a máis de 200 profesionais do 10 ao 12 de xuño de 2009 ten como principal obxectivo converterse nun foro de encontros entre profesionais que propicie o intercambio de experiencias científicas e profesionais no ámbito da Enxeñería Gráfica e das áreas de coñecemento relacionadas co deseño.
Durante o evento trataranse diversas liñas de traballo, tales como a simulación e a realidade virtual, a topografía, o procesamento dixital da imaxe ou cartografía, entre outras, destacando sempre a importancia da implantación das novas tecnoloxías en cada unha das disciplinas, como un soporte fundamental para a comunicación e o deseño.
Ademais, exporanse novos retos relacionados coa docencia en liña, dos congresos virtuais ou a normalización de plataformas de CAD en función do intercambio de información gráfica dixital. A USC elixiu o Campus de Lugo para a realización deste congreso, co fin de desenvolver un programa de visitas culturais paralelo á programación oficial, que permita aos congresistas coñecer a Galicia interior.
O congreso presentárono en rolda de prensa o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o director do departamento de Enxeñaría Agroforestal da EPS, Juan Gabriel Álvarez; e o presidente, vicepresidente e secretario do Comité Organizador do evento, Eduardo Zurita, Carlos Alvarez e Manuel Marey, respectivamente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.11.2008.