O grupo de investigación de Filoloxía Clásica organiza a segunda Xuntanza Internacional de Investigadores
O grupo de investigación de Filoloxía Clásica do Departamento de Latín e Grego da USC organiza entre os días 25 e 28 de novembro na Facultade de Filoloxía a segunda Xuntanza Internacional de Investigadores.
A compoñente lírica no teatro de Séneca, a oratorio e a lei na Atenas clásica, a difusión da ópera teatral na Atenas do quinto século ou o desenvolvemento da sintaxe latina dende Szantyr son algúns dos relatorios que presentarán expertos procedentes de institucións académicas de Holanda, Reino Unido, Italia, Alemaña ou Estados Unidos.
Para acadar máis información sobre estas xornadas, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa directora do grupo, a profesora Mercedes Díaz de Cerio (mmercedes.diazdecerio [at] usc.es (mmercedes[dot]diazdecerio[at]usc[dot]es)).