Pasar al contenido principal

Conferencia da profesora Rosa Carballo na Facultade de Farmacia

A profesora da Universidade de Vigo Rosa Carballo impartirá este xoves, día 13, a conferencia ‘Química de Coordinación Supramolecular e Enxeñaría cristalina’, nunha actividade organizada polo Departamento de Química Inorgánica da USC. O relatorio desenvolverase a partir das 12:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia.
A profesora Carballo licenciouse en Farmacia na USC e realizou a súa tese de doutoramento no grupo de investigación que dirixe o profesor Alfonso Castiñeiras. Dende preto de vinte anos é profesora de Química Inorgánica da Universidade de Vigo, realizando estadías de estudo en diversas universidades como a Complutense de Madrid, Euskadi, Valencia, Tubinga e Libre de Berlín (Alemaña), onde se especializou no análise estrutural por difracción de raios X.
Na actualidade, a profesora Carballo está considerada como unha das investigadoras españolas de máis prestixio nos estudos estruturais de interaccións débiles, similares as existentes en moitos sistemas químicos presentes nos organismos vivos, tales como o ADN, así como na área de enxeñaría cristalina.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.11.2008.