Pasar al contenido principal

A Comisión encargada da elaboración do Plan de Igualdade da USC remata o seu traballo

De esquerda a dereita, Isabel Diz Otero, Raul Canay Rey, Monserrat Nogueira Álvarez, María Dolores Álvarez Pérez, Gloria Revilla López, Javier F. Agrafojo, Elena Vázquez Cendón e Eva López Barrio...
De esquerda a dereita, Isabel Diz Otero, Raul Canay Rey, Monserrat Nogueira Álvarez, María Dolores Álvarez Pérez, Gloria Revilla López, Javier F. Agrafojo, Elena Vázquez Cendón e Eva López Barrio...
Elaborou un proxecto que en datas próximas levarase ao Consello de Goberno para a súa tramitación

A comisión encargada da elaboración do Plan de Igualdade da USC acaba de rematar os seus traballos coa redacción dun proxecto que en datas próximas levarase ao Consello de Goberno para a súa aprobación. O labor da Comisión, que presidiu a vicerreitora de Calidade e Planificación, Mª Dolores Álvarez, tomou como punto de partida un documento sobre a situación actual da igualdade na institución a partir do que se marcaron as liñas de actuación e as accións que finalmente están incorporadas no proxecto de Plan de Igualdade da USC para o período 2008-2010.
A comisión celebrou xuntanzas ao longo de todo o pasado curso coa participación de preto de corenta representantes da comunidade universitaria, entre estudantes, persoal de administración e servizos e de docencia e investigación. A este respecto, Mª Dolores Álvarez agradeceu no último encontro celebrada esta semana a colaboración de todas as persoas implicadas na comisión e mostrou a súa satisfacción polo resultado acadado.
Na comisión estiveron representadas o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero da USC (CIFEX), o Seminario Muller e Universidade, Woman Emprende, o Servizo de Participación e Integración Universitaria e a subcomisión de expertas de xénero que asesora á Oficina de Igualdade da USC. Esta subcomisión está formada por docentes procedentes de diversos eidos do coñecemento e cunha ampla experiencia en materia de estudos de xénero.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.11.2008.