Pasar al contenido principal

O Foro Emprego ten a súa continuación esta semana en Lugo cunhas xornadas de empregabilidade para titulados

As conferencias do 18 de novembro centraranse nas alternativas que existen para buscar traballo

A Universidade de Santiago de Compostela, a través da Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social e a Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, celebra a partir do martes 18 de novembro unhas xornadas sobre as ‘Alternativas ao remate da carreira’, nas que se tratarán todas as posibilidades que un titulado pode elixir para iniciar a súa andadura profesional.
Estas xornadas están formadas por distintas mesas redondas e conferencias e teñen como obxectivo dar a coñecer aos estudantes de últimos cursos e licenciados as diferentes alternativas profesionais ás que poden optar ao remate da carreira: as prácticas profesionais, a busca de traballo por conta allea, a formación de posgrao, a investigación, o emprego público, o emprendemento.
Xunto con estes temas, nos distintos relatorios traballarase tamén na formación das habilidades e das técnicas de busca de emprego e no coñecemento das oportunidades do mercado laboral.
Así, durante a primeira xornada os conferenciantes centraranse nas alternativas existentes á hora de procurar emprego. O segundo día, os relatorios estarán destinados a aqueles licenciados que queiran continuar a súa formación cara á investigación. O último día, os asistentes poderán atopar algunhas claves para traballar nas administracións públicas.
As sesións están incluídas dentro do Programa de Formación para a Empregabilidade da USC. A primeira parte destas actividades constituíuna o Foro de Emprego, que se celebrou en Lugo o 13 de novembro, con boa acollida tanto de asistentes como de expositores.
As xornadas están organizadas pola Vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social a través dos SAEE (Servizos de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego) dos campus de Santiago e Lugo. Celebraranse simultaneamente nos dous campus da USC os vindeiros días 18, 19 e 20 de novembro. No campus de Lugo, desenvolveranse na Facultade de Administración e Dirección de Empresas.
PROGRAMA XORNADAS EMPREGABILIDADE - Universidade Santiago Compostela
Campus de LugoDía18 nov.A Busca de Emprego
‘As novas tecnoloxías como recurso para a busca de emprego’.
10:00 Mesa redonda Os Portais de emprego
Arturo Saucedo, Xerente Galiciaempleo
Yolanda Rivero,Direcciónde Cimo
12:30 As ETTs como recurso para conseguir un emprego
Isabel Cid,Representante da Asociación Estatal de ETTs
16:00 ‘Traballo e mobilidade: ¿queres traballar no extranxeiro?’
Euroconselleira Eures, prov Lugo: portal de emprego europeo
Celia Besteiro,Coordinadora Programa Europracticum-USC
17:00 ‘Os programas de prácticas en empresas: unha boa opción para iniciar a carreira profesional’
Silvia Doce, Responsable Empleo FEUGA
18:00 ‘A cooperación e as ONGs mais alá do voluntariado: alternativa profesional real?’
Javier Fdez Agrafojo, Responsable do Servizo de Participación e Integración Universitaria-USC
Carlos Mtnez Uzal, Coordinador asociación Itinera (voluntariado en saude mental)
Día19 novContinuar a formación
10:00 ‘Posgrao, doutoramento e Formación Continua na USC’.
Gabriela Prego Vázquez, Coordinadora de EEES-USC
Luis Otero González, Coordinador de Extensión Docente-USC
11:15 ‘Formación e mobilidade: Programas Internacionais e-ou Bolsas para a formación no exterior’
Enrique LópezVeloso, Director da Oficina Relacións Exteriores
12:30 ‘Outras alternativas de formación superior: as Escolas de Negocio’
F.Javier Pou de los Mozos, Director de RRHH e Marketing Escola de Caixa Galicia
Ignacio Saez Llorente(Antiguo alumno del Máster en Banca y ) Técnico Auditor Caixa Galicia
A investigación: desenvolvemento dunha carreira profesional
16:00 ‘O doutoramento: interese e oportunidades que oferta’F. Javier Sardina, Coordinador de xestión e Promoción da Investigación
17:00 Mesa redonda investigadores e empresas I+D
Investigador Júnior, Investigador senior- xestor, emprendedor empresa spin-off, representante dpto I+D empresa
18:00 ‘Recursos actuais para o apoio á investigación’
Fernando Sedano,Director OIT-USC
Día 20 novTraballar nas administracións públicas
10:00 ‘O acceso á Administración Autonómica’
DªAna Mª Arias GrañaSecretaria Delegación Lugo Cons Presidencia
‘Cómo elixir e afrontar a preparación dunha oposición’
Antonio Reyes Sanchez Crespo,Premir Academia de preparación de oposición
Seminario de cultura empresarial
16:00 ‘Recursos da USC de apoio ao emprendemento’
J. Luis Villaverde Acuña, UNIEMPRENDE
Pablo Fontela Pereira, Tco Área Autoemprego SAEE-Lugo
‘Seminario de difusión de cultura emprendedora’
Técnico-s de BIC Galicia

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.11.2008.