Pasar al contenido principal

O vicerreitor adxunto, Agustín Merino e o director xeral de I+D+i, Salustiano Mato participan na Semana da Ciencia, na Aula de Productos Lácteos de Lugo

As xornadas divultagivas 'Ga-láctica' rematan o día 21

O vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior do Campus de Lugo, da Universidade de Santiago, Agustín Merino e o director xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, Salustiano Mato, participan este xoves 20 de novembro, nas xornadas divulgativas da ciencia do leite, proxecto ‘Ga-láctica’, que se desenvolven na Aula de Produtos Lácteos da USC, no Recinto Feiral de Lugo. Será ás 12 horas e actuará como anfitrión o director do centro, Juan Méndez.
Estas xornadas divulgativas, enmarcadas dentro do programa da Semana da Ciencia, rematarán o venres 21 de novembro. As charlas, degustacións e visitas a plantas que se farán nestes últimos días están dirixidas a escolares de entre dez e doce anos de centros de ensino de Lugo.
A duración de cada xornada é de tres horas dirixidas a presentar as actividades investigadoras desenvolvidas na Aula de Produtos Lácteos. Destacan os traballos que actualmente se atopan no mercado; realizarase unha breve explicación do diagrama de fluxo que segue calquera traballo de I+D+I, dende a formulación da idea ata a posta en práctica dos resultados obtidos.
Tamén se están a degustar os produtos lácteos para salientar as características máis importantes de cada un deles e farase unha visita guiada aos laboratorios e á planta piloto da Aula de Produtos Lácteos, na que os nenos poden ver de preto as diferentes tecnoloxías empregadas na elaboración de produtos lácteos, e participar en diferentes actividades.
O principal obxectivo das actividades que se organizan para a Semana da Ciencia, que leva xa oito edicións, é involucrar á cidadanía na ciencia e na tecnoloxía.
As xornadas están promovidas pola Consellería de Innovación e Industria, dentro das accións de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica, ‘Diverciencia’, do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (INCITE).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.11.2008.