Os retos do deporte nas universidades españolas, a debate na USC
A USC converterase a vindeira semana, entre os días 27 e 29, no foro principal de debate sobre os retos do deporte nas universidades españolas coa celebración das Xornadas Técnicas Nacionais do Deporte Universitario e do pleno do Comité Español do Deporte Universitario (CEDU). O encontro botará a andar o luns 27 coa xuntanza da Comisión Permanente do CEDU, a partir das 16:30 horas no Comedor do Colexio de Fonseca.
Na xuntanza, na que participarán os membros da Comisión Permanente do CEDU, presentarase propostas sobre modelos deportivos de universidades punteiras neste eido e analizaranse outras cuestións que permitan aumentar os coñecementos sobre o funcionamento, problemática e posibles solucións antes os retos que se presentan no presente e no futuro respecto da actividade física e deportiva nas institucións universitarias.
No seu conxunto, este encontro permitirá definir cara onde queren orientar as universidades españolas as súas estratexias no que respecta á actividade física e o deporte en calquera das súas facetas, con especial atención ás inquedanzas que actualmente definen os retos dos servizos de deportes destas institucións.
Deste xeito, ao longo das tres xornadas programadas presentarase o modelo deportivo da USC, as medidas de apoio aos deportistas de alto nivel con especial atención ao Programa de Atención ao Deportista, propostas de mellor e adaptación ao marco europeo ou a posibilidade de modificar o CEDU.