Pasar al contenido principal

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visita o Museo da Catedral de Santiago

Un grupo de socios da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago visitará este sábado, día 25, o Museo da Catedral compostelá.
Fundado en 1930, é o museo histórico, artístico e arqueolóxico da basílica de Santiago Apóstol. Ademais das diferentes salas que exhiben numerosas pezas procedentes das escavacións realizadas na Catedral ao longo dos anos, tamén se pode visitar o claustro, a sala capitular, a biblioteca, o tesouro, a capela das reliquias, a colección de tapices e a cripta do Pórtico da Gloria e o Pazo de Xelmírez. Este museo conta cun novo atractivo, o recentemente reconstruído Coro Pétreo, obra do Mestre Mateo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2008.