Pasar al contenido principal

Publicado o número dous da revista 'Estudos Eurorrexionais', que coordina a Fundación CEER

A revista Estudos Eurorrexionais, editada polas seis universidades públicas de Galicia e do norte de Portugal, continúa a súa andaina coa publicación en 2008 do seu segundo número. Na súa edición colaboran as universidades da Coruña, Santiago e Vigo e as portuguesas de Tras-os-Montes e Alto Douro, Porto e Minho, así como académicos e profesionais de recoñecido prestixio convidados en calidade de membros do Consello Científico, baixo a coordinación da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER).
Esta publicación de carácter estritamente científico creouse co obxectivo de dar acubillo á artigos científicos de interese xeral, facendo fincapé na divulgación do coñecemento xerados no entorno das seis universidades da Eurorrexión. Así mesmo, os seus promotores resaltan a súa utilidade como ferramenta de grande utilidade para a dinamización de actividades de foro e intercambio científico entre as comunidades universitarias de Galicia e o norte de Portugal, na busca da creación conxunta dunha Eurorrexión do Coñecemento.
Cun papel destacado das Universidades da Coruña e Tras-os-Montes e Alto Douro, a Revista Estudios Eurorrexionais, acolle nos seus Consellos Editoriais e Científicos a un elenco de destacados membros da comunidade científica galega e portuguesa amais de prestixiosas personalidades académicas internacionais.
Esta revista sae á luz en formato papel e en formato dixital dende a páxina web da Fundación CEER (www.fceer.org), a partir da cal pode descargarse a revista na súa totalidade, ademais de todos os artigos de maneira individual. Nesta plataforma electrónica está tamén dispoñible un sistema OpenConf, de doado funcionamento, coa que a revista convida a toda a comunidade universitaria (profesores, investigadores, alumando) a enviar artigos, notas, recesións, ou valoracións críticas, para a súa publicación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.10.2008.