Pasar al contenido principal

O presidente da Real Sociedad Española de Química imparte unha conferencia na USC

O catedrático de Química Orgánica da Complutense e presidente da Real Sociedad Española de Química, Nazario Martín, pronunciará o martes 24 unha conferencia na USC. O profesor Martín é unha autoridade mundial na química dos fullerenos e no desenvolvemento de materiais moleculares, como condutores orgánicos e materiais fotónicos, cun enorme potencial nas células solares e OLEDs (Organic Light Emitting Diodes).
A súa intervención, titulada ‘Moléculas con curvas: Interaccións supramoleculares cóncavo-convexo’, terá lugar ás 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química. A charla enmárcase no programa de actividades da Rede de Ciencias e Materiais Moleculares na que participan as tres universidades galegas e que está subvencionada pola Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.06.2008.