O profesor de Xenebra Stefan Matile imparte un seminario sobre arquitecturas supramoleculares funcionais
O profesor do Departamento de Química Orgánica da Universidade de Xenebra Stefan Matile será o encargado de impartir a vindeira semana na Facultade de Química da USC un seminario sobre arquitecturas supramoleculares funcionais, que se inclúe no programa de actividades formativas titorizadas do Departamento de Química Orgánica compostelán.
A primeira das intervencións do profesor Matile será o luns 30 para falar sobre ‘Ion Channels’, para continuar o martes, día 1 de xullo, coa conferencia ‘Sensing with pores (artificial tongues)’. O ciclo rematará o mércores 2 cunha intervención sobre ‘Photosynthesis and photovoltaics (artificial leaves)’. As tres sesións celebraranse a partir das 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química.