Senén Barro asiste en Medicina á inauguración da LII Reunión Anual da Sociedade de Cirurxía de Galicia
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, asiste este venres, 3 de outubro, ás 18:00 horas, á inauguración da LII Reunión Anual da Sociedade de Cirurxía de Galicia que terá lugar na Aula Castelao da Facultade de Medicina. Barro asiste en calidade de presidente de honra da Sociedade.
A xuntanza, que se prolongará ata o sábado, ten prevista a celebración de dúas mesas redondas sobre obesidade mórbida e avances en cirurxía da parede abdominal na que interveñen destacados especialistas de toda España. ademais, na tarde do venres terá lugar unha reunión de expertos en obesidade.