Presentación da mostra 'Innovación e Territorio. O legado de Fontán ao século XXI'
O vicerreitor de Cultura, Elias Torres; o director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, e o comisario da mostra, o profesor José Ramón Chantada, presentarán este mércores 8 en rolda de prensa a exposición ‘Innovación e Territorio. O legado de Fontán ao século XXI’. A presentación desenvolverase a partir das 11:00 horas no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca, sede da mostra.
O material exposto permitirá dar a coñecer a traxectoria e a figura do ilustre matemático e xeógrafo galego Domingo Fontán e a súa obra maxistral a Carta Xeométrica de Galicia de 1834, primeiro mapa realizado en España con rigor científico mediante métodos matemáticos, que será a base para a realización do trazado de novas estradas.
A inauguración desta nova proposta expositiva da vicerreitora de Cultura da USC celebrarase na mesma tarde do mércores, a partir das 20:00 horas, coa presenza da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo.