Pasar al contenido principal

O reitor da USC recibiu en San Xerome aos gañadores do Certame de Novos Investigadores 2008

De esquerda a dereita, José M. Fraga, Mª Luz González, Alejandro Rivero de Aguilar, Senén Barro, Sara Bernárdez, Ubaldo Rueda e Rosario García
De esquerda a dereita, José M. Fraga, Mª Luz González, Alejandro Rivero de Aguilar, Senén Barro, Sara Bernárdez, Ubaldo Rueda e Rosario García

O reitor da USC, Senén Barro, recibiu este xoves 16 no Colexio de San Xerome aos estudantes gañadores do Certame de Novos Investigadores 2008 convocado pola Secretaría de Estado de Universidades e Investigación. Alejandro Rivero de Aguilar Bernardo conseguiu, por primeira vez para Galicia, o Premio Mención Especial do Xurado, mentres que Sara Bernández Noya fíxose co primeiro premio na área de Ciencias da Terra e da Vida.
No encontro, estiveron acompañados polo decano da Facultade de Medicina, José M. Fraga Bermúdez; pola vicedecana da Facultade de Bioloxía, Mª Luz González; polo director do Instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda; e pola profesora deste centro de secundaria, Rosario García-Echave, esta última merecedora tamén do primeiro premio como coordinadora de proxectos.
Ambos os dous estudantes do Instituto Rosalía de Castro, na actualidade Alejandro Rivero de Aguilar cursa 1º curso da Licenciatura en Medicina, mentres que Sara Barnárdez iniciou estudos na Facultade de Bioloxía. Ademais, Rivero de Aguilar foi o alumno galego de secundaria que na pasada convocatoria alcanzou a nota máis alta nas probas de acceso á universidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.10.2008.